jueves, 20 de diciembre de 2012

ESCOLMA DE PROXECTOS LEADER 2007-2013



A presente publicación representa unha escolma dos proxectos apoiados polos 31 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia dentro do Programa LEADER, entre os anos 2009 e 2013.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural galegos traballan cada día por demostrar que LEADER é unha excelente ferramenta para animar os procesos de desenvolvemento, para poñer en valor recursos ociosos, para mellorar a gobernabilidade dos nosos territorios e facer "máis Europa", para fomentar a innovación e traballar en rede aprendendo doutras zonas e doutros Grupos e, en definitiva, para axudar a crear riqueza e emprego dende o desenvolvemento sostible.

PREME NO SEGUINTE ENLACE PARA VER ESTA INTERESANTE PUBLICACIÓN:
VER ESCOLMA DE PROXECTOS

martes, 13 de noviembre de 2012

CONGRESO DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER HORIZONTE 2014-2020

Os dias 7, 8 e 9 de novembro, celebrouse este Congreso organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e que contou con máis de 250 asistentes, no Paraninfo da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste Congreso analizouse a través da participación de numerosos expertos en todo o relacionado co mundo agrario. Árredor do título 'Desenvolvemento rural e Leader. Horizonte 2014-2020', os relatores e o público analizaron as posibilidades de futuro do campo galego no contexto europeo.
Falouse tamén do Patrimonio etnográfico tradicional do rural, a discapacidade, o asociacionismo as novas liñas de emprego e a promoción económica, a comercialización de produtos en circuítos curtos, os sectores forestal e vitivinícola, o turismo rural e o medio ambiente.
Houbo unha Mesa Redonda, onde se debatiu sobre O Programa LEADER 2014-2020: retos e obxectivos, e se puxeron sobre a mesa as propostas feitas dende os Grupos de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020.
En breve colgaránse as ponencias.
Xúntase Programa definitivo do Congreso:
VER PROGRAMA CONGRESO

jueves, 4 de octubre de 2012

JORNADAS INTERNACIONALES MÁS LEADER. EXPERIENCIAS Y PROPUESTAS PARA LA SOSTENIBILIDAD DE LAS ZONAS RURALES

A REDR (Red Española de Desarrollo Rural) organiza para os días 23 e 24 de outubro en Madrid estas xornadas, co obxecto de ofrecer unha visión do enfoque LEADER para o desenvolvemento rural ao longo dos últimos vinte anos.
O obxecto será trasladar aos medios de comunicación, ás institucións públicas e a sociedade en xeral a aposta pola metodoloxía LEADER como unha ferramenta extraordinariamente potente, permitindo a dinamización do medio rural europeo, a diversificación económica dos territorios, a mellora na calidade de vida dos seus habitantes, a adquisición de capacidades vinculadas á innovación social....
Dirixidas aos Grupos de desenvolvemento rural, outros actores económicos e sociais do territorio, os medios de comunicación a nivel local, rexional e nacional e a sociedade en xeral.´

(Preme no enlace)

Máis información e inscricións:

martes, 2 de octubre de 2012

A ASOCIACIÓN DE GDRS DE GALICIA ORGANIZA PARA O MES DE NOVEMBRO O CONGRESO DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER

Desde a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia  estamos  a organizar o Congreso DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER "HORIZONTE 2014-2020" que se celebrará os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (Praza da Universidade, nº1).
Dende a nosa Asociación queremos a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento e elaborar propostas en positivo para o período 2014-2020.
Todo o proceso dentro do que se enmarca a celebración do Congreso sobre LEADER e desenvolvemento rural, conta con catro fitos:

1. Presentación aos medios de comunicación do proceso e do seu cronograma.
2. Mesas de debate: proceso de debate e reflexión sobre áreas temáticas de interese para o rural que se foron celebrando nos distintos territorios dos GDRs.
3. Congreso final, que integre as conclusións e propostas de futuro.
4. Transferencia de resultados: edición por parte da Rede Rural Galega dun libro de conclusións para a súa distribución entre os decisores do futuro PDR de Galicia e os distintos axentes do territorio.
VER PROGRAMA CONGRESO

AS INSCRICIÓNS PARA ASISTIR A ESTE CONGRESO SON GRATUÍTAS, E DEBERÁN FACERSE NO CORREO ELECTRÓNICO DA ASOCIACIÓN gdrsgalicia@gmail.com
ou a través do teléfono 981 673 574.

lunes, 1 de octubre de 2012

PROGRAMA XORNADA SOBRE O SECTOR TURÍSTICO EN GALICIA

PROGRAMA

GDR COSTA NOROESTE: XORNADA SOBRE O SECTOR TURÍSTICO EN GALICIA

O día 10 de outubro de 2012 celebrarase unha MESA DE DEBATE SOBRE O SECTOR TURÍSTICO EN GALICIA, no Castelo de San Felipe (Concello de Ferrol).

Esta xornada forma parte dos debates previos ao Congreso Galego de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020 que se celebrará neste mes de novembro.

Esta xornada ten por obxecto debater sobre a situación do sector turístico en Galicia, as súas oportunidades e perspectivas, así como facer propostas que poidan ser de utilidade ao Goberno galego, cando deseñe as liñas de actuacións para o novo período de financiación europea 2014-2020. Trátase, como verá, dunha xornada nun entorno excepcional, que nos vai permitir coñecer un dos espazos emblemáticos da cidade de Ferrol, a Ría de Ferrol e o Castelo de San Felipe.

A participación nesta xornada é gratuita, pero é requisito inscribirse no teléfono 981 33 33 98, xa que hai un aforo limitado.

martes, 18 de septiembre de 2012

ACTIVIDADES DOS DIFERENTES GDR DE GALICIA EN SETEMBRO



GDR 29 MARIÑAS - BETANZOS: XOVES 20 DE SETEMBRO.
MESA DEBATE: COOPERACIÓN URBANO-RURAL: OPORTUNIDADES E RETOS (CENTRO TECNOLÓXICO. CONCELLO DE ARTEIXO).


 GDR 10 ADERCOU XOVES 20 DE SETEMBRO.
 
- ACCIÓNS DE DETECCIÓN DE NECESIDADES FORMATIVAS NO CAMPO DA RECUPERACIÓN DE MONTES E NOVOS PRODUTOS DA HORTA.

- ACCIÓNS DE DETECCIÓN DE NECESIDADES DOS XÓVENOS NO RURAL.

VENRES 21 DE SETEMBRO.
SITUACIÓN DO EMPRESARIO RURAL NO PANÓRAMA ECONÓMICO ACTUAL EN VÍAS DE CRECEMENTO.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CET BARBADÁS (OURENSE).


 - GDR 8 RIBEIRA SACRA VENRES 21 E SÁBADO 22 DE SETEMBRO.
PRIMEIRAS XORNADAS DE XEOLOXÍA NA RIBEIRA SACRA
(CASA DE CULTURA DE QUIROGA).




- GDR 18 MAIV BAIXO MIÑO. SÁBADO 22 DE SETEMBRO.
DISCAPACIDADE E INTEGRACIÓN NO MEDIO RURAL.
(MULTIUSOS DAS POZAS. PETELOS. MOS). VER PROGRAMA

miércoles, 5 de septiembre de 2012

CONGRESO ESTATAL: INNOVACIÓN EN EL MEDIO RURAL

Desde a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia  estamos  a organizar o Congreso Estatal sobre "Innovación no Medio  Rural" que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de setembro en  Bergondo (Pazo de  Mariñán), contando co apoio da Rede Estatal de  Desenvolvemento Rural, o
Ministerio de Agricultura, Alimentación e  Medio Ambiente, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de  Galicia, así como da Deputación da Coruña.
Plantexamos este Congreso como un lugar de encontro entre os axentes  da  investigación e innovación (centros de investigación e  tecnolóxicos,  universidades, OTRIs, clústers, etc.) e o sector  agroforestal, co fin de  dar a coñecer as liñas de traballo postas en  marcha nos distintos  centros, identificando as oportunidades que se  abren no novo período de  programación da Política Agraria Común  (2014-2020), así como animando a cooperación entre os axentes do  sector.
As conclusións formarán parte dos debates previos ao Congreso de Desenvolvemento Rural e LEADER "Horizonte 2014-2020", que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro de 2012 en Santiago de Compostela.
VER PROGRAMA CONGRESO

miércoles, 4 de enero de 2012

13/01/2012 Reunión técnica de traballo

Tal e como se aprobou na última reunión da Xunta Directiva da Asociación de GDRs, o vindeiro venres día 13 de xaneiro terá lugar unha reunión de traballo para ir avanzando en cuestións técnicas e como preparación da vindeira reunión de Xunta Directiva.

O lugar de celebración da reunión será a sede do GDR 7, Miño Ulla: Praza de Galicia s/n, edificio de usos múltiples, Chantada.
A reunión dará comezo ás 10:30 horas.
Prégase puntualidade e confirmar a asistencia por adiantado.

lunes, 2 de enero de 2012

11/02/2012: Reunión de Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de GDRs de Galicia


A Xunta Directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, na súa última reunión   celebrada o día 30/11/2011, acordou fixar a data para a seguinte reunión de Asemblea Xeral da Asociación no día 11/02/2012 ás 11:00 horas.