Desde a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia estamos a organizar o Congreso Estatal sobre "Innovación no Medio Rural" que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de setembro en Bergondo (Pazo de Mariñán), contando co apoio da Rede Estatal de Desenvolvemento Rural, o
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, así como da Deputación da Coruña.
Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, así como da Deputación da Coruña.
Plantexamos este Congreso como un lugar de encontro entre os axentes da investigación e innovación (centros de investigación e tecnolóxicos, universidades, OTRIs, clústers, etc.) e o sector agroforestal, co fin de dar a coñecer as liñas de traballo postas en marcha nos distintos centros, identificando as oportunidades que se abren no novo período de programación da Política Agraria Común (2014-2020), así como animando a cooperación entre os axentes do sector.
As conclusións formarán parte dos debates previos ao Congreso de Desenvolvemento Rural e LEADER "Horizonte 2014-2020", que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro de 2012 en Santiago de Compostela.
Moi bo día. Gustaríame saber ónde hai que inscribirse para o congreso.
ResponderEliminarMoitas gracias,
Julio Castro