Esta xornada forma parte dos debates previos ao Congreso Galego de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020 que se celebrará neste mes de novembro.
Esta xornada ten por obxecto debater sobre a situación do sector turístico en Galicia, as súas oportunidades e perspectivas, así como facer propostas que poidan ser de utilidade ao Goberno galego, cando deseñe as liñas de actuacións para o novo período de financiación europea 2014-2020. Trátase, como verá, dunha xornada nun entorno excepcional, que nos vai permitir coñecer un dos espazos emblemáticos da cidade de Ferrol, a Ría de Ferrol e o Castelo de San Felipe.
A participación nesta xornada é gratuita, pero é requisito inscribirse no teléfono 981 33 33 98, xa que hai un aforo limitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario