martes, 2 de octubre de 2012

A ASOCIACIÓN DE GDRS DE GALICIA ORGANIZA PARA O MES DE NOVEMBRO O CONGRESO DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER

Desde a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia  estamos  a organizar o Congreso DESENVOLVEMENTO RURAL E LEADER "HORIZONTE 2014-2020" que se celebrará os días 7, 8 e 9 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (Praza da Universidade, nº1).
Dende a nosa Asociación queremos a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento e elaborar propostas en positivo para o período 2014-2020.
Todo o proceso dentro do que se enmarca a celebración do Congreso sobre LEADER e desenvolvemento rural, conta con catro fitos:

1. Presentación aos medios de comunicación do proceso e do seu cronograma.
2. Mesas de debate: proceso de debate e reflexión sobre áreas temáticas de interese para o rural que se foron celebrando nos distintos territorios dos GDRs.
3. Congreso final, que integre as conclusións e propostas de futuro.
4. Transferencia de resultados: edición por parte da Rede Rural Galega dun libro de conclusións para a súa distribución entre os decisores do futuro PDR de Galicia e os distintos axentes do territorio.
VER PROGRAMA CONGRESO

AS INSCRICIÓNS PARA ASISTIR A ESTE CONGRESO SON GRATUÍTAS, E DEBERÁN FACERSE NO CORREO ELECTRÓNICO DA ASOCIACIÓN gdrsgalicia@gmail.com
ou a través do teléfono 981 673 574.

No hay comentarios:

Publicar un comentario