Os dias 7, 8 e 9 de novembro, celebrouse este Congreso organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e que contou con máis de 250 asistentes, no Paraninfo da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Neste Congreso analizouse a través da participación de numerosos expertos en todo o relacionado co mundo agrario. Árredor do título 'Desenvolvemento rural e Leader. Horizonte 2014-2020', os relatores e o público analizaron as posibilidades de futuro do campo galego no contexto europeo.
Falouse tamén do Patrimonio etnográfico tradicional do rural, a discapacidade, o asociacionismo as novas liñas de emprego e a promoción económica, a comercialización de produtos en circuítos curtos, os sectores forestal e vitivinícola, o turismo rural e o medio ambiente.
Houbo unha Mesa Redonda, onde se debatiu sobre O Programa LEADER 2014-2020: retos e obxectivos, e se puxeron sobre a mesa as propostas feitas dende os Grupos de Desenvolvemento Rural para o período 2014-2020.
En breve colgaránse as ponencias.
Xúntase Programa definitivo do Congreso:
VER PROGRAMA CONGRESO