jueves, 26 de mayo de 2011

XORNADA SOBRE ACCESIBILIDADE NO RURAL

O vindeiro día 8 de xuño terá lugar unha xornada sobre accesibilidade no rural, centrada no eido do turismo.
O lugar de celebración será a sede do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela.
Prégase confirmación da asistencia.

miércoles, 20 de abril de 2011

Xornada sobre a Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural

O vindeiro xoves día 28 de abril terá lugar en Lalín unha xornada técnica sobre a Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.
A xornada terá lugar na sede da UNED en Lalín, polígono industrial Lalín 2000 rúa E, en horario de 10 a 14 horas.
Asistirán técnicos de AGADER e do MARM.
Para inscribirse prégase contactar coa Asociación de GDRs de Galicia.

PROGRAMA

martes, 12 de abril de 2011

Xornada sobre Turismo Rural en Galicia

Do 2 ao 4 de maio terán lugar en Lalin as IV Xornadas de dirección estratéxica para PEMES: Turismo Rural en Galicia, actualidade e perspectivas.
Desenvolveranse as xornadas conforme ao seguinte programa ( para máis información e inscricións: http://www.extensionuned.es/publico_actividad/2406
  • lunes 2 de mayo
    • 10:00-12:00 h. EL TURISMO RURAL Y SU CONTRIBUCIÓN AL DESARROLLO INTEGRAL DE LAS COMUNIDADES
      • Antón Álvarez Sousa
    • 12:00-14:00 h. PROPUESTA DE ANÁLISIS DE LA IMAGEN PERCIBIDA DEL DESTINO TURÍSTICO: APLICACIÓN AL TURISMO RURAL EN GALICIA
      • María José Andrade Suárez
    • 16:00-18:00 h. EL FUTURO DEL TURISMO RURAL
      • Xosé María Santos Solla
    • 18:00-20:00 h. EL CONTENIDO DE LA ACCESIBILIDAD A LAS WEBS TURISTICAS GALLEGAS
      • José Antonio Fraiz Brea
  • martes 3 de mayo
    • 09:00-11:00 h. POLITICAS TURISTICAS EN LA GALICIA RURAL
      • María Carmen Pardo López
    • 11:00-13:00 h. GALICIA: UN TERRITORIO PARA EL TURISMO
      • Román Rodríguez González
    • 13:00-14:00 h. EL SISTEMA INTEGRAL DE CALIDAD TIRISTICA EN DESTINOS: LA GALICIA RURAL
      • José Manuel Figueroa
    • 16:30-17:30 h. LA COOPERACIÓN ENTRE TERRITORIOS COMO ESTRATEGIA TURISTICA
      • Raul Gutierrez Leralta
    • 17:30-19:30 h. (MESA REDONDA) APLICACIONES TECNOLÓGICAS EN MARKETING TURISTICO PROYECTO TURISTICO DE DESARROLLO COMARCAL. "ORO POR DENTRO VERDE POR FUERA" EL PAPEL DE LA RED GALLEGA DE DESARROLLO RURAL EN EL DESARROLLO TURISTICO DE LAS COMARCAS
      • Elena Fernández Antonio
      • Manuel Blanco Villar
      • Carlos Javier Pardo Abad
  • miércoles 4 de mayo
    • 09:00-11:00 h. NUEVAS POSIBILIDADES DEL TURISMO EN EL AMBITO RURAL: EL PATRIMONIO INDUSTRIAL COMO RECURSO DE DESARROLLO LOCAL
      • Carlos Javier Pardo Abad
    • 11:00-13:00 h. BENEFICIOS ECONÓMICOS DEL TURISMO RURAL
      • Carlota Rey Graña

miércoles, 23 de marzo de 2011

III Foro Rural Europeo

A Comisión Europea, o Goberno de España, e a Plataforma Global de Donantes para el Desarrollo Rural convocan o III Foro Europeo de Desenvolvemento Rural.

Esta edición segue ás celebradas en Montpellier e Berlín, e ten como obxectivo respostar á pregunta ¿que tipo de desenvolvemento rural se debería promover para abordar a inseguridade alimentaria e a fame?, por medio do intercambio e análise de políticas, enfoques e mellores prácticas.

Este III Foro terá lugar en Palencia do 29 de marzo ao 1 de abril.

Para máis información visitar: http://www.ruralforum.info/

miércoles, 2 de febrero de 2011

RED ESPAÑOLA DE DESARROLLO RURAL

Na pasada Asemblea Extraordinaria celebrada en Lalín  o día 25/03/2010 acordouse solicitar adhesión á Red Española de Desarrollo Rural. (REDR).
Constituída no ano 1995 co obxectivo xenérico de promover un modelo de desenvolvemento rural integral e sostible.
A REDR está integrada por Redes Rexionais que engloban a  máis de 200 Grupos de Desenvolvemento Rural de todo o territorio español, que xestionan Programas e Iniciativas vencelladas co Desenvolvemento Rural. Así mesmo é membro da Rede Europea de Desenvolvemento Rural (ELARD), integrada por Redes de Italia, Francia, Irlanda, Grecia e Portugal, á que pertencen ao redor de 500 Grupos de Desenvolvemento europeos.
As negociacións para a adhesión a REDR comezaron no mes de novembro, sen que ata o momento se poidan avanzar resultados.

lunes, 15 de noviembre de 2010

martes, 26 de octubre de 2010

RED ESTATAL DE DESARROLLO RURAL

Na pasada Asemblea Extraordinaria celebrada en Lalín  o día 25/03/2010 acordouse solicitar adhesión á Red Estatal de Desarrollo Rural.
Esta Rede, constituída hai trece anos,  conta con 70 socios, e persegue coma fin principal:  "El desarrollo del medio rural mediante la coordinación de los distintos agentes e instituciones, la promoción y la potenciación de medidas encaminadas a favorecer el desarrollo, organizando cuantas actividades se estimen pertinentes (Artículo 4)".
Na última Xunta Directiva de REDER celebrada en Madrid o día 14 de Xaneiro de 2010 levouse, dentro dos asuntos do presidente, a cuestión da entrada da Asociación de GDRs de Galicia na REDER. O acordo tomado por esta X.D. foi o de permitir a adhesión da rede galega á dita rede estatal como membro de pleno dereito, ao tempo que se acordou que a Asociación de GDRs de Galicia ocupe un posto de vogal dentro da Xunta Directiva de REDER.
Dadas as especiais circunstancias económicas da Asociación de GDRs de Galicia a entrada en REDER faise sen custe de cota social durante o ano 2011.
A web da REDER é a seguinte: http://www.redestatal.com/