martes, 19 de octubre de 2010

ACORDO SOBRE AS ALEGACIÓNS ÁS MODIFICACIÓNS DAS BASES REGULADORAS

Na pasada Asemblea Xeral celebrada en Lalín o día 07-10-2010 acordouse que a Asociación de GDRs de Galicia prantexara unha serie de alegacións ao borrador de modificacións das Bases Reguladoras proposto por AGADER.
Chegouse aos acordos coa presenza inicial de 24 dos Grupos de Desenvolvemento Rural e con unha maioría cualificada de 2/3.
Os documentos que conteñen os acordos aos que se chegou están á vosa disposición no foro da Asociación.

jueves, 17 de septiembre de 2009

CONSTITUCIÓN DA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA



O pasado 4 de abril de 2008, tense constituido en Pontevedra a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e o 23 de maio foi presentada públicamente no Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago).
Esta iniciativa foi promovida pola Asociación Euroeume, o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas, a Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor, a Fundación Comarcal A Ulloa, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra.

Os obxectivos desta Asociación son:

  • Favorecer o desenvolvemento rural dos territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural, facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e axentes do rural, fomentando a introdución das novas tecnoloxías e promovendo a integración en redes.

  • Potenciación do sector agrario e dos produtos do mar, así como a promoción e mellora das condicións de comercialización e calidade dos produtos agrarios ou agroalimentarios galegos.

  • Potenciación do turismo ligado ao medio rural.

  • Potenciación e apoio ás pequenas empresas, artesanía e servizos locais, fomentando especialmente a participación de xóvenes e mulleres en todos os ámbitos: político, social, laboral, cultural e económico.

  • Concienciar á poboación sobre a necesidade de protexer, conservar e poñer en valor de xeito sostible o medio ambiente e tomar parte activa nelo, mediante actividades orixinais e innovadoras. Especialmente comprometerse coa defensa da natureza e a investigación e educación ambiental, participando activamente na posta en marcha e seguimento das Axendas 21 Locais.

  • Difundir a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento territorial, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.

viernes, 23 de mayo de 2008

PRESENTACIÓN XORNADA FINAL EN SANTIAGO

O pasado mércores 21 de maio de 2008, tivo lugar a xornada final, onde se presentou o proxecto de cooperación "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galicia 2000-2006", que pechou o ciclo de "Os impactos dos Grupos de Acción Local no desenvolvemento rural 2000-2006", e onde se dou a coñecer o "Libro de Boas Prácticas" que recolle as mellores actuacións desenvoltas polos Grupos de Acción Local neste período, así como a presentación oficial da nova Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural.

Esta xornada hai que encadrala dentro do proxecto de cooperación interterritorial que están levando a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural de Pontevedra, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, a Asociación Desenvolvemento Rural Río Lor, a Asociación Terra das Mariñas e a Fundación Comarcal A Ulloa.
A presentación da xornada correo a cargo do Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e ao longo da mesma interviron tanto os participantes no proxecto como un grupo de expertos en desenvolvemento rural que avaliaron os impactos dos programas de desenvolvemento rural no período 2000 – 2006. Entre eles, estiveron o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER na Consellería de Medio Rural e xerentes de Redes de Grupos de desenvolvemento rural de ámbito estatal.

Ao peche da xornada presentouse a Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural que se constituíu ao amparo deste proxecto cos grupos participantes no mesmo.

lunes, 12 de mayo de 2008

XORNADA FINAL "OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL"

PROGRAMA XORNADA 21 DE MAIO DE 2008

“OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL (2000-2006)”


10.00 h. BENVIDA – PRESENTACIÓN DA XORNADA
Alfredo Suárez Canal. Conselleiro do Medio Rural
José Castro Romero. Presidente Asociación Euroume

10.20 h. METODOLOXÍA PROXECTO DE AVALIACIÓN.

10.40 h. RESULTADOS DA AVALIACIÓN EXTERNA. OS GAL´S DE GALICIA
QUASAR Consultores, S.A.

11.30 – 12.00 h. PAUSA – CAFÉ (Produtos da Agroalimentaria do Eume)

12.00 – 13.30 h. MESA REDONDA E COLOQUIO: IMPACTOS EN ESPAÑA E GALICIA DOS PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2000-2006
-Francisco Amarillo. Director General Desarrollo Rural del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.
-Edelmiro López Iglesias. Director Xeral Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
-Aurelio García Bermúdez. Presidente Red Española de Desarrollo Rural.
-Angel de Prado. Gerente del GAL Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña.

13.30 h. PRESENTACIÓN DO LIBRO “Aprendendo da Experiencia Propia dos Programas de Desenvolvemento Rural en Galicia 2000-2006”

13.45 h. PRESENTACIÓN ASOCIACIÓN DE GRUPOS DESENVOLVEMENTO RURAL.

14.00 h. CLAUSURA DA XORNADA

LUGAR: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA
SAN LAZARO, Nº 107 – 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
HORA: 10 HORAS

lunes, 7 de abril de 2008

XORNADA VI "MEDIO AMBIENTE E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O venres 4 de abril de 2008, tense celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra a sexta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".
Nesta xornada temática sobre "Medio Ambiente e Asociacións de Desenvolvemento Rural" e in presentáronse algúns dos proxectos que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto, comar son Solargal, Teican, Galopín (premio empresa sustentable de Galicia), e o Centro de Educación Ambiental Sostible "As Corcerizas".
Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Medio Ambiente", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.
Don Francisco Froján Fontán, Delegado Provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible clausurou estas xornadas.

martes, 1 de abril de 2008

XORNADA V "SERVICIOS SOCIAIS E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O sábado 29 de marzo de 2008, tense celebrado na Casa da Cultura de Ordes a quinta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".Nesta xornada temática sobre "Servicios Sociais e Asociacións de Desenvolvemento Rural" espuxéronse algúns dos proxectos relacionados cos servicios sociais que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto, coma a Restauración de Escolas Unitarias (Río Lor), o Centro de días Os Muíños (Terra das Mariñas) ou o Xornal de noticias "Pegadas" (Euroeume).


Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Servicios Sociais", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.


Clausorou esta xornada Don Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural.

XORNADA IV "PROMOCIÓN ECONÓMICA E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O venres 28 de marzo de 2008, tense celebrado no Pazo de Mariñán (Bergondo) a cuarta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".Nesta xornada temática sobre "Promoción Económica e Asociacións de Desenvolvemento Rural" presentáronse algúns dos proxectos que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto.


Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Promoción económica", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.


Don Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural clausurou estas xornadas.