- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
- Información sobre subvencións concedidas á Asociación
- Congreso sobre Desenvolvemento Rural
- Novidades da Asociación
- Próxima convocatoria da vindeira Asemblea Xeral
- Proposta de actividades da Asociación para o ano 2012
- Rogos e preguntas
San Marcos s/n 15.318 Abegondo Tfono/Fax 981 673 574 e-mail: gdrsgalicia@gmail.com
lunes, 12 de diciembre de 2011
Reunión da Xunta Directiva da Asociación de GDRs de Galicia
Con data de 30/11/2011 celebrouse en Lalín unha reunión de Xunta Directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, tratándose na mesma a seguinte Orde do día:
viernes, 9 de diciembre de 2011
Xornada sobre "Técnicas participativas de dinamización no sector agroforestal"
![]() |
Cartaz da xornada
O pasado día 10 de novembro, no territorio do GDR 23 Ulla - Tambre - Mandeo, tivo lugar unha xornada sobre "Técnicas participativas de dinamización agroforestal". O obxectivo da xornada, a adquisición de ferramentas metodolóxicas de participación e mobilización do sector agroforestal, veuse satisfeito. A xornada contou coa presencia e participación de diversos técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural, así como de persoas do territorio do GDR anfitrión da Xornada.
PROGRAMA |
miércoles, 24 de agosto de 2011
Xornada formativa: "Agricultura das Relacións Humanas nos GDRs"
A Asociación de GDRs de Galicia, en colaboración coa Red Estatal de Desarrollo Rural (REDER), organiza o vindeiro día 1 de setembro, nas instalacións da UNED en Lalín, unha xornada baixo o título “Agricultura das Relacións Humanas nos GDRs”.
Impartida por expertos da entidade Homo prosocius (www.homoprosocius.org) , o obxectivo da xornada é o de acadar un maior coñecemento sobre os grupos humanos e as súas dinámicas propias. Por medio da xornada adquiriranse as seguintes ferramentas ou habilidades:
- Saber comunicar sen barreiras e con eficacia: ferramenta clave para dinamizar e organizar iniciativas.
- Entender a esencia do traballo en equipo/cooperativo para saber dinamizalo e previr individualismos e liñas paralelas.
- Analizar as barreiras con que nos podemos atopar neste labor: tanto as internas de cada quen como as externas.
- Saber conectar as inquietudes e necesidades da sociedade/población e axudarlles en procesos de xestión do cambio.
Os interesados poden inscribirse no enderezo de correo electrónico da Asociación de GDRs de Galicia: gdrsgalicia@gmail.com , enderezo que se pode empregar tamén para ampliar información sobre a xornada.
PROGRAMA
PROGRAMA
martes, 12 de julio de 2011
Xornada sobre Biomasa
O vindeiro día 20 de xullo terá lugar na sede da Fundación Ortegalia, en Ortigueira, unha xornada que baixo o título: "Xornada sobre Biomasa: posibilidades e oportunidades, aproveitamento forestal integral", tentará achegar as posibilidades deste aproveitamento tanto aos cadros técnicos dos GDRs, como aos seus órganos de decisión, como a produtores do sector.
PROGRAMA
PROGRAMA
miércoles, 22 de junio de 2011
XORNADA DE ENCONTRO SOBRE COOPERACIÓN
Os días 27 e 28 de xuño terá lugar na localidade ourensá de Monterrei unha Xornada de Encontro sobre Cooperación. Está prevista a asistencia de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, Grupos de Acción Local de Castilla y León, e de Asociacións de Desenvolvemento Local de Portugal.
O obxectivo da Xornada é o de acadar un maior coñecemento sobre as posibilidades de levar a cabo Proxectos de Cooperación transnacionais no ámbito da macroeurorrexión. Tentarase acadar un maior coñecemento dos territorios e proxectos xa en marcha, e propostas de Proxectos de Cooperación que haxa neste ámbito territorial, así como estreitar lazos con grupos veciños cos que se poidan levar a cabo novas iniciativas. Agardamos que o encontro sirva de espazo de debate e reflexión sobre a cooperación nesta macrorrexión, así como irlle dando máis forza e funcionalidade.
Xúntase programa da Xornada.
PROGRAMA
jueves, 26 de mayo de 2011
XORNADA SOBRE ACCESIBILIDADE NO RURAL
O vindeiro día 8 de xuño terá lugar unha xornada sobre accesibilidade no rural, centrada no eido do turismo.
O lugar de celebración será a sede do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela.
Prégase confirmación da asistencia.
O lugar de celebración será a sede do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela.
Prégase confirmación da asistencia.
miércoles, 20 de abril de 2011
Xornada sobre a Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural
O vindeiro xoves día 28 de abril terá lugar en Lalín unha xornada técnica sobre a Lei para o Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.
A xornada terá lugar na sede da UNED en Lalín, polígono industrial Lalín 2000 rúa E, en horario de 10 a 14 horas.
Asistirán técnicos de AGADER e do MARM.
Para inscribirse prégase contactar coa Asociación de GDRs de Galicia.
PROGRAMA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)