miércoles, 22 de junio de 2011

XORNADA DE ENCONTRO SOBRE COOPERACIÓN

Os días 27 e 28 de xuño terá lugar na localidade ourensá de Monterrei unha Xornada de Encontro sobre Cooperación. Está prevista a asistencia de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, Grupos de Acción Local de Castilla y León, e de Asociacións de Desenvolvemento Local de Portugal.
O obxectivo da Xornada é o de acadar un maior coñecemento sobre as posibilidades de levar a cabo Proxectos de Cooperación transnacionais no ámbito da macroeurorrexión. Tentarase acadar un maior coñecemento dos territorios e proxectos xa en marcha, e propostas de Proxectos de Cooperación que haxa neste ámbito territorial, así como estreitar lazos con grupos veciños cos que se poidan levar a cabo novas iniciativas. Agardamos que o encontro sirva de espazo de debate e reflexión sobre a cooperación nesta macrorrexión, así como irlle dando máis forza e funcionalidade.
Xúntase programa da Xornada.


PROGRAMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario