lunes, 18 de febrero de 2008

XORNADA "AGROINDUSTRIA E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O venres 15 de febreiro de 2007, tense celebrado na Casa da Cultura de Monterroso a primeira das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".

Nesta xornada temática sobre "Agroindustria e Asociacións de Desenvolvemento Rural" espuxéronse algúns dos proxectos agroindustriais que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto, coma a Agroalimentaria do Eume, a Cooperativa Horta do Atlántico ou Conservas Vexetais Alibos Galicia.

Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Agroindustria", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.

Don Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural clausurou estas xornadas destacando a importancia e idoneidade das mesmas de cara a orientar o próximo programa LEADER 2008-2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario