viernes, 23 de mayo de 2008

PRESENTACIÓN XORNADA FINAL EN SANTIAGO

O pasado mércores 21 de maio de 2008, tivo lugar a xornada final, onde se presentou o proxecto de cooperación "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galicia 2000-2006", que pechou o ciclo de "Os impactos dos Grupos de Acción Local no desenvolvemento rural 2000-2006", e onde se dou a coñecer o "Libro de Boas Prácticas" que recolle as mellores actuacións desenvoltas polos Grupos de Acción Local neste período, así como a presentación oficial da nova Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural.

Esta xornada hai que encadrala dentro do proxecto de cooperación interterritorial que están levando a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural de Pontevedra, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, a Asociación Desenvolvemento Rural Río Lor, a Asociación Terra das Mariñas e a Fundación Comarcal A Ulloa.
A presentación da xornada correo a cargo do Conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal e ao longo da mesma interviron tanto os participantes no proxecto como un grupo de expertos en desenvolvemento rural que avaliaron os impactos dos programas de desenvolvemento rural no período 2000 – 2006. Entre eles, estiveron o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible no Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, o Director Xeral de AGADER na Consellería de Medio Rural e xerentes de Redes de Grupos de desenvolvemento rural de ámbito estatal.

Ao peche da xornada presentouse a Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural que se constituíu ao amparo deste proxecto cos grupos participantes no mesmo.

lunes, 12 de mayo de 2008

XORNADA FINAL "OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL"

PROGRAMA XORNADA 21 DE MAIO DE 2008

“OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL (2000-2006)”


10.00 h. BENVIDA – PRESENTACIÓN DA XORNADA
Alfredo Suárez Canal. Conselleiro do Medio Rural
José Castro Romero. Presidente Asociación Euroume

10.20 h. METODOLOXÍA PROXECTO DE AVALIACIÓN.

10.40 h. RESULTADOS DA AVALIACIÓN EXTERNA. OS GAL´S DE GALICIA
QUASAR Consultores, S.A.

11.30 – 12.00 h. PAUSA – CAFÉ (Produtos da Agroalimentaria do Eume)

12.00 – 13.30 h. MESA REDONDA E COLOQUIO: IMPACTOS EN ESPAÑA E GALICIA DOS PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2000-2006
-Francisco Amarillo. Director General Desarrollo Rural del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.
-Edelmiro López Iglesias. Director Xeral Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
-Aurelio García Bermúdez. Presidente Red Española de Desarrollo Rural.
-Angel de Prado. Gerente del GAL Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña.

13.30 h. PRESENTACIÓN DO LIBRO “Aprendendo da Experiencia Propia dos Programas de Desenvolvemento Rural en Galicia 2000-2006”

13.45 h. PRESENTACIÓN ASOCIACIÓN DE GRUPOS DESENVOLVEMENTO RURAL.

14.00 h. CLAUSURA DA XORNADA

LUGAR: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA
SAN LAZARO, Nº 107 – 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
HORA: 10 HORAS

lunes, 7 de abril de 2008

XORNADA VI "MEDIO AMBIENTE E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O venres 4 de abril de 2008, tense celebrado no Pazo da Cultura de Pontevedra a sexta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".
Nesta xornada temática sobre "Medio Ambiente e Asociacións de Desenvolvemento Rural" e in presentáronse algúns dos proxectos que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto, comar son Solargal, Teican, Galopín (premio empresa sustentable de Galicia), e o Centro de Educación Ambiental Sostible "As Corcerizas".
Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Medio Ambiente", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.
Don Francisco Froján Fontán, Delegado Provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible clausurou estas xornadas.

martes, 1 de abril de 2008

XORNADA V "SERVICIOS SOCIAIS E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O sábado 29 de marzo de 2008, tense celebrado na Casa da Cultura de Ordes a quinta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".Nesta xornada temática sobre "Servicios Sociais e Asociacións de Desenvolvemento Rural" espuxéronse algúns dos proxectos relacionados cos servicios sociais que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto, coma a Restauración de Escolas Unitarias (Río Lor), o Centro de días Os Muíños (Terra das Mariñas) ou o Xornal de noticias "Pegadas" (Euroeume).


Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Servicios Sociais", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.


Clausorou esta xornada Don Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural.

XORNADA IV "PROMOCIÓN ECONÓMICA E ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL"


O venres 28 de marzo de 2008, tense celebrado no Pazo de Mariñán (Bergondo) a cuarta das xornadas que se enmarcan dentro do proxecto de cooperación interterritorial "Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galica 2000-2006".Nesta xornada temática sobre "Promoción Económica e Asociacións de Desenvolvemento Rural" presentáronse algúns dos proxectos que se teñen impulsado desde os Grupos que participan neste proxecto.


Por outra banda, a equipa técnica da empresa consultora Quasar fixo unha exposición, sobre o eixe temático "Promoción económica", das conclusións obtidas a partir da avaliación das diferentes iniciativas levadas a cabo nos territorios que participan neste proxecto.


Don Edelmiro López Iglesias, Director Xeral de Desenvolvemento Rural clausurou estas xornadas.

viernes, 29 de febrero de 2008

XORNADA III “DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO E GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL”


O sábado 23 de febreiro celebrouse na Casa da Cultura da Capela, a III Xornada sobre “Desenvolvemento Turístico e Grupos de Desenvolvemento Rural"

Unhas 50 persoas asistiron á xornada organizada, o pasado sábado 23 de febreiro, por Euroeume na Casa da Cultura da Capela. A xornada, presentada por Rubén Lois, Director Xeral de Turismo, Anxo López Sueiro, Alcalde da Capela, e Xosé Castro, Presidente de Euroeume, versou sobre o “Desenvolvemento Turístico e os Grupos de Desenvolvemento Rural”. Esta xornada foi a terceira dunha serie de seis, organizadas no marco do proxecto de cooperación de seis Grupos de Desenvolvemento galegos para avaliar os traballos realizados durante o período 2000-2006.

Durante a primeira rolda de ponencias presentáronse algunhas experiencias impulsadas polos grupos, que foron consideradas coma “Boas Prácticas” pola empresa que realizou a avaliación. O grupo de Terra das Mariñas presentou os traballos realizados dentro Plan Estratexico de Turismo levado a cabo polo grupo, entre o que destacou o “Roteiro Mariñán”, unha rede de sendeiros homologados que discorren unindo os espazos naturais próximos á cidade da Coruña. Por parte da ADR Río Lor explicouse o proxecto do Museo Etnográfico do Viño e o Aceite de Quiroga, un museo etnográfico no que as 560 pezas que forman a colección foron aportadas polos veciños da comarca. Finalmente Euroeume fixo un resumo dos traballos realizados para implementar o Plan de Desenvolvemento Turístico elaborado por esta entidade no ano 1998, que supuxeron un investimento superior aos sete millóns de euros repartidos entre mais de 100 proxectos relacionados coas estratexias que contempla este Plan.

No segundo bloque de ponencias Juan José Manrique, do GDR Guadix, explicou o proxecto realizado por dez grupos de desenvolvemento andaluces en cooperación coa Junta de Andalucía, para implantar a Carta Europea de Turismo Sostible nos Parques Naturais de Andalucía. Oscar Alfeiján, do Centro Superior de Hostalería de Galicia, presentou as perspectivas de futuro para as “Cantinas do Eume” e as actuacións previstas para consolidar o proxecto, así coma a posible incorporación de novos establecementos a esta rede. Finalmente o Xerente do Consorcio “Turismo de Santiago”, relatou os traballos realizados polo Concello de Santiago para a creación do consorcio e os problemas que tiveron que afrontar para poder crear unha “Central de Reservas” que comercializase os servizos turísticos dende o propio destino, tanto dende as propias oficinas de turismo de Compostela, como da súa páxina web.

Posteriormente celebrouse unha mesa redonda sobre as expectativas de futuro do destino Eumeturismo. Na mesa participaron Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación da Coruña, Rogelio Fernández, Subdirector Xeral de Conservación da Natureza, e Miguel Teixido, Xerente de Euroeume. Pablo Villamar, despois de destacar o traballo feito no sector turístico do Eume durante os últimos anos, resaltou a liña de traballo que está a seguir a Deputación con respecto á creación de destinos turísticos, e dos esforzos realizados por promocionar estes destinos na última edición de FITUR. O Subdirector Xeral de Conservación da Natureza explicou a política da Conxellería de Medio Ambiente con respecto aos Parques Naturais e a intención de aprobar durante este ano un Plans Rectores de Usos e Xestión que apostarán por un turismo sostible, e da posibilidade de promover as candidaturas dos mesmos para obter a Carta Europea de Turismo Sostible, un sistema de xestión que Euroeume viña propoñendo dende hai anos.

Miguel Teixido pechou as ponencias comentando as expectativas de futuro para o sector turístico no territorio e as de Euroeume. Tamén falou do proxecto “Castelos Medievais do Eume-Xuvia”, a través do que se pretende musealizar os principais elementos patrimoniais da zona e unilos baixo unha xestión e imaxe común. Durante o debate posterior ás ponencias, Rogelio Fernández e Miguel Teixido coincidiron na necesidade de mellorar a relación do Parque Natural cos propietarios e os axentes do territorio, e comprometéronse a buscar a maneira de intensificar a cooperación do Parque Natural cos axentes da zona para conseguir que o Parque se involucre no desenvolvemento da comarca e que os axentes do territorio poidan colaborar no desenvolvemento do uso público do Parque.

A xornada rematou coa presentación das conclusións por parte da empresa que realizou a avaliación dos traballos realizados polos grupos de desenvolvemento. O poñente destacou o traballo e a inversión destinada polos Grupos para impulsar e apoiar proxectos que dotasen os seus territorios dunha oferta turística coherente cos valores que representan, así como polos traballos realizados de cara a crear produtos diferenciados. Tamén destacou o importante traballo que queda por facer no referente á comercialización dos destinos turísticos, así como das posibilidades que ofrece a creación de novas iniciativas de cooperación entre territorios de cara ao intercambio de promoción e de actividades turísticas para aumentar o tempo de estancia dos turistas.

XORNADA “ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL”



O venres 22 de febreiro de 2008, celebrouse na Casa da Cultura de Bóveda a II Xornada temática sobre “Asociacións de Desenvolvemento Rural” organizada pola A.D.R. Rio Lor e se enmarca dentro do proxecto de cooperación interterritorial “Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galicia 2000-2006”, que contou ca presencia de representantes dos Grupos de Acción Local de Galicia toda Galicia.

Nesta xornada realizouse unha análise das leccións aprendidas e as perspectivas de futuro para o período de programación do 2007 – 2013 dende as visións da Rede Española de Desenvolvemento Rural, de AGADER, do GDR Guadix de Andalucía, do ADRI Valladolid Norte, e dende a Asociación EuroEume.

A equipa técnica da empresa Quasar presentou os resultados no Eixe temático de Grupos de Acción Local, así coma aquelas boas prácticas realizadas e recomendacións para o próximo período.

O poñente Joaquín Olona Blasco, especialista en Desenvolvemento Rural, reflexionou sobre coma os grupos de acción local influíron nos derradeiros anos ao mantemento e mellora do medio rural; e Cesar Saénz Barrio, da Subdirección Xeneral de Estratexias do MAPA, disertou sobre a metodoloxía LEADER e o papel destas na mellora do mundo rural. A derradeira poñente, Mar Pérez Fra, resumiu todo o falado na xornada e propuxo distintas liñas de actuación para o próximo periodo 2007-2013.