miércoles, 5 de septiembre de 2012

CONGRESO ESTATAL: INNOVACIÓN EN EL MEDIO RURAL

Desde a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia  estamos  a organizar o Congreso Estatal sobre "Innovación no Medio  Rural" que se celebrará os vindeiros días 11 e 12 de setembro en  Bergondo (Pazo de  Mariñán), contando co apoio da Rede Estatal de  Desenvolvemento Rural, o
Ministerio de Agricultura, Alimentación e  Medio Ambiente, da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de  Galicia, así como da Deputación da Coruña.
Plantexamos este Congreso como un lugar de encontro entre os axentes  da  investigación e innovación (centros de investigación e  tecnolóxicos,  universidades, OTRIs, clústers, etc.) e o sector  agroforestal, co fin de  dar a coñecer as liñas de traballo postas en  marcha nos distintos  centros, identificando as oportunidades que se  abren no novo período de  programación da Política Agraria Común  (2014-2020), así como animando a cooperación entre os axentes do  sector.
As conclusións formarán parte dos debates previos ao Congreso de Desenvolvemento Rural e LEADER "Horizonte 2014-2020", que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro de 2012 en Santiago de Compostela.
VER PROGRAMA CONGRESO

miércoles, 4 de enero de 2012

13/01/2012 Reunión técnica de traballo

Tal e como se aprobou na última reunión da Xunta Directiva da Asociación de GDRs, o vindeiro venres día 13 de xaneiro terá lugar unha reunión de traballo para ir avanzando en cuestións técnicas e como preparación da vindeira reunión de Xunta Directiva.

O lugar de celebración da reunión será a sede do GDR 7, Miño Ulla: Praza de Galicia s/n, edificio de usos múltiples, Chantada.
A reunión dará comezo ás 10:30 horas.
Prégase puntualidade e confirmar a asistencia por adiantado.

lunes, 2 de enero de 2012

11/02/2012: Reunión de Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de GDRs de Galicia


A Xunta Directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, na súa última reunión   celebrada o día 30/11/2011, acordou fixar a data para a seguinte reunión de Asemblea Xeral da Asociación no día 11/02/2012 ás 11:00 horas.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Reunión da Xunta Directiva da Asociación de GDRs de Galicia

Con data de 30/11/2011 celebrouse en Lalín unha reunión de Xunta Directiva da Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia, tratándose na mesma a seguinte  Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior
  2. Información sobre subvencións concedidas á Asociación
  3. Congreso sobre Desenvolvemento Rural
  4. Novidades da Asociación
  5. Próxima convocatoria da vindeira Asemblea Xeral
  6. Proposta de actividades da Asociación para o ano 2012
  7. Rogos e preguntas

viernes, 9 de diciembre de 2011

Xornada sobre "Técnicas participativas de dinamización no sector agroforestal"


Cartaz da xornada
O pasado día 10 de novembro, no territorio do GDR 23 Ulla - Tambre - Mandeo, tivo lugar unha xornada sobre "Técnicas participativas de dinamización agroforestal". O obxectivo da xornada, a adquisición de ferramentas metodolóxicas de participación e mobilización do sector agroforestal, veuse satisfeito. A xornada contou coa presencia e participación de diversos técnicos dos Grupos de Desenvolvemento Rural, así como de persoas do territorio do GDR anfitrión da Xornada.


PROGRAMA

miércoles, 24 de agosto de 2011

Xornada formativa: "Agricultura das Relacións Humanas nos GDRs"

A Asociación de GDRs de Galicia, en colaboración coa Red Estatal de Desarrollo Rural (REDER), organiza o vindeiro día 1 de setembro, nas instalacións da UNED en Lalín, unha xornada baixo o título “Agricultura das Relacións Humanas nos GDRs”.
Impartida por expertos da entidade Homo prosocius (www.homoprosocius.org) , o obxectivo da xornada é o de acadar un maior coñecemento sobre os grupos humanos e as súas dinámicas propias. Por medio da xornada adquiriranse as seguintes ferramentas ou habilidades:
  • Saber comunicar sen barreiras e con eficacia: ferramenta clave para dinamizar e organizar iniciativas.
  • Entender a esencia do traballo en equipo/cooperativo para saber dinamizalo e previr individualismos e liñas paralelas.
  • Analizar as barreiras con que nos podemos atopar neste labor: tanto as internas de cada quen como as externas.
  • Saber conectar as inquietudes e necesidades da sociedade/población e axudarlles en procesos de xestión do cambio.
Os interesados poden inscribirse no enderezo de correo electrónico da Asociación de GDRs de Galicia: gdrsgalicia@gmail.com , enderezo que se pode empregar tamén para ampliar información sobre a xornada.


PROGRAMA

martes, 12 de julio de 2011

Xornada sobre Biomasa

O vindeiro día 20 de xullo terá lugar na sede da Fundación Ortegalia, en Ortigueira, unha xornada que baixo o título: "Xornada sobre Biomasa: posibilidades e oportunidades, aproveitamento forestal integral", tentará achegar as posibilidades deste aproveitamento tanto aos cadros técnicos dos GDRs, como aos seus órganos de decisión, como a produtores do sector.

PROGRAMA