Na pasada Asemblea Extraordinaria celebrada en Lalín o día 25/03/2010 acordouse solicitar adhesión á Red Española de Desarrollo Rural. (REDR).
Constituída no ano 1995 co obxectivo xenérico de promover un modelo de desenvolvemento rural integral e sostible.
A REDR está integrada por Redes Rexionais que engloban a máis de 200 Grupos de Desenvolvemento Rural de todo o territorio español, que xestionan Programas e Iniciativas vencelladas co Desenvolvemento Rural. Así mesmo é membro da Rede Europea de Desenvolvemento Rural (ELARD), integrada por Redes de Italia, Francia, Irlanda, Grecia e Portugal, á que pertencen ao redor de 500 Grupos de Desenvolvemento europeos.
As negociacións para a adhesión a REDR comezaron no mes de novembro, sen que ata o momento se poidan avanzar resultados.
San Marcos s/n 15.318 Abegondo Tfono/Fax 981 673 574 e-mail: gdrsgalicia@gmail.com
miércoles, 2 de febrero de 2011
lunes, 15 de noviembre de 2010
Lei de Desenvolvemento Rural Sostible do MARM
Está a disposición de todos os GDR a Lei de Desenvolvemento Rural Sostible para a súa descarga no foro.
martes, 26 de octubre de 2010
RED ESTATAL DE DESARROLLO RURAL
Na pasada Asemblea Extraordinaria celebrada en Lalín o día 25/03/2010 acordouse solicitar adhesión á Red Estatal de Desarrollo Rural.
Esta Rede, constituída hai trece anos, conta con 70 socios, e persegue coma fin principal: "El desarrollo del medio rural mediante la coordinación de los distintos agentes e instituciones, la promoción y la potenciación de medidas encaminadas a favorecer el desarrollo, organizando cuantas actividades se estimen pertinentes (Artículo 4)".
Na última Xunta Directiva de REDER celebrada en Madrid o día 14 de Xaneiro de 2010 levouse, dentro dos asuntos do presidente, a cuestión da entrada da Asociación de GDRs de Galicia na REDER. O acordo tomado por esta X.D. foi o de permitir a adhesión da rede galega á dita rede estatal como membro de pleno dereito, ao tempo que se acordou que a Asociación de GDRs de Galicia ocupe un posto de vogal dentro da Xunta Directiva de REDER.
Dadas as especiais circunstancias económicas da Asociación de GDRs de Galicia a entrada en REDER faise sen custe de cota social durante o ano 2011.
A web da REDER é a seguinte: http://www.redestatal.com/

martes, 19 de octubre de 2010
ACORDO SOBRE AS ALEGACIÓNS ÁS MODIFICACIÓNS DAS BASES REGULADORAS
Na pasada Asemblea Xeral celebrada en Lalín o día 07-10-2010 acordouse que a Asociación de GDRs de Galicia prantexara unha serie de alegacións ao borrador de modificacións das Bases Reguladoras proposto por AGADER.
Chegouse aos acordos coa presenza inicial de 24 dos Grupos de Desenvolvemento Rural e con unha maioría cualificada de 2/3.
Os documentos que conteñen os acordos aos que se chegou están á vosa disposición no foro da Asociación.
jueves, 17 de septiembre de 2009
CONSTITUCIÓN DA ASOCIACIÓN DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA
O pasado 4 de abril de 2008, tense constituido en Pontevedra a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e o 23 de maio foi presentada públicamente no Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago).
Esta iniciativa foi promovida pola Asociación Euroeume, o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas, a Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor, a Fundación Comarcal A Ulloa, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II - Comarca de Pontevedra.
Os obxectivos desta Asociación son:
- Favorecer o desenvolvemento rural dos territorios, coordinando as accións dos Grupos de Desenvolvemento Rural, facilitando o intercambio de información e experiencias entre distintas zonas e axentes do rural, fomentando a introdución das novas tecnoloxías e promovendo a integración en redes.
- Potenciación do sector agrario e dos produtos do mar, así como a promoción e mellora das condicións de comercialización e calidade dos produtos agrarios ou agroalimentarios galegos.
- Potenciación do turismo ligado ao medio rural.
- Potenciación e apoio ás pequenas empresas, artesanía e servizos locais, fomentando especialmente a participación de xóvenes e mulleres en todos os ámbitos: político, social, laboral, cultural e económico.
- Concienciar á poboación sobre a necesidade de protexer, conservar e poñer en valor de xeito sostible o medio ambiente e tomar parte activa nelo, mediante actividades orixinais e innovadoras. Especialmente comprometerse coa defensa da natureza e a investigación e educación ambiental, participando activamente na posta en marcha e seguimento das Axendas 21 Locais.
- Difundir a metodoloxía LEADER como ferramenta de desenvolvemento territorial, especialmente nos países en vías de desenvolvemento.
viernes, 23 de mayo de 2008
PRESENTACIÓN XORNADA FINAL EN SANTIAGO
Esta xornada hai que encadrala dentro do proxecto de cooperación interterritorial que están levando a cabo a Asociación de Desenvolvemento Rural de Pontevedra, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, a Asociación Desenvolvemento Rural Río Lor, a Asociación Terra das Mariñas e a Fundación Comarcal A Ulloa.
Ao peche da xornada presentouse a Asociación Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural que se constituíu ao amparo deste proxecto cos grupos participantes no mesmo.
lunes, 12 de mayo de 2008
XORNADA FINAL "OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL"
PROGRAMA XORNADA 21 DE MAIO DE 2008
“OS IMPACTOS DOS GAL NO DESENVOLVEMENTO RURAL (2000-2006)”
10.00 h. BENVIDA – PRESENTACIÓN DA XORNADA
Alfredo Suárez Canal. Conselleiro do Medio Rural
José Castro Romero. Presidente Asociación Euroume
10.20 h. METODOLOXÍA PROXECTO DE AVALIACIÓN.
10.40 h. RESULTADOS DA AVALIACIÓN EXTERNA. OS GAL´S DE GALICIA
QUASAR Consultores, S.A.
11.30 – 12.00 h. PAUSA – CAFÉ (Produtos da Agroalimentaria do Eume)
12.00 – 13.30 h. MESA REDONDA E COLOQUIO: IMPACTOS EN ESPAÑA E GALICIA DOS PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2000-2006
-Francisco Amarillo. Director General Desarrollo Rural del Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.
-Edelmiro López Iglesias. Director Xeral Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
-Aurelio García Bermúdez. Presidente Red Española de Desarrollo Rural.
-Angel de Prado. Gerente del GAL Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña.
13.30 h. PRESENTACIÓN DO LIBRO “Aprendendo da Experiencia Propia dos Programas de Desenvolvemento Rural en Galicia 2000-2006”
13.45 h. PRESENTACIÓN ASOCIACIÓN DE GRUPOS DESENVOLVEMENTO RURAL.
14.00 h. CLAUSURA DA XORNADA
LUGAR: MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA
SAN LAZARO, Nº 107 – 15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
HORA: 10 HORAS

Suscribirse a:
Entradas (Atom)